Escribiu X. L. Méndez Ferrín: “Nado en Bos Aires no seo dunha familia cuxos xenitores eran galegos, falantes do galego e lectores de Rosalía, Rodolfo Alonso veu producindo poesía en clave de orixinalidade e fondura silenciosa por vecesestarrecedora. Os poemas escritos por el no noso idioma non só non están á marxe senón que figuran no centro de sentido e de significado da súa obra, do mesmo modo que o noso idioma e a memoria da Galicia percibida a través das vidas non vividas por el do pai e da nai semellan ser unha das experiencias nucleares do home e do poeta Rodolfo Alonso.”
Idioma: Galego
____
Editorial: BarbantesaIdioma: Galego