O libro consta de 492 páxinas encadernadas en tapa dura, con máis de 250 fotografías a toda cor e impresas na mellor calidade e cunhas dimensións de 16x16 centímetros, "para levar a toda parte".
Xoán Colazo: "Camiñar o país é unha descuberta que alimenta o desexo de reverter a destrución". "Quero compartir a paixón polo país, espertar na xente o interese de saír a camiñar e coñecer a nosa terra. Este é o xeito de valorala, de querela, de reivindicala, de sermos conscientes da nosa historia, da rica arte, da natureza vizosa, da toponimia de noso, das formas de montes, ribeiras e vales. E, sobre todo, saír do noso horizonte cotián permítenos coñecer e falar coas persoas que habitan, dan sentido e moldean este territorio variado e gozoso".
Fotografías interior: Adela Leiro; Elsa Quintas.
Debuxo do índice: Mon Daporta
____
Editorial: Sermos Galiza 09-2023Idioma: Galego