Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CÉLTICA. CADERNO DE ESTUDOS GALAICO-PORTUGUESES. PORTO (1960-1961)

por VV. AA.
€25,56
ISBN 9788445353714
Na cidade portuguesa de Porto, no bienio 1960-1961, apareceu a revista Céltica, Caderno de Estudos Galaico-Portugueses, que fundou e dirixiu Manuel Oliveira Guerra. A súa curta existencia -tirou unicamente catro números- non impide que recoñezamos a súa importancia e interese para a cultura, a literatura e a lingua galegas, que teñen xenerosa acollida nestas páxinas. Nomes como o de Xosé María Álvarez Blázquez, José María Castroviejo, María Victoria Armesto, Celso Emilio Ferreiro, M. González Garcés, Xohana Torres, Pura Vázquez, Uxío Novoneyra, Manuel María, Antón Tovar, xunto cos de Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal entre outros, acreditan a galeguidade destas páxinas que agora recuperamos para coñecelas mellor.

____

Editorial: XUNTA DE GALICIA 2020
Idioma: Galego, portugués