Ir ao contido
Benvidos á nova web de Librería Abrente!
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

CATAVENTO DE NEUTRÓS DOMESTICADOS

€12,00
ISBN WP3646
O Catavento de neutrós domesticados é un libro sorprendente, innovador e anticipador. “Un intento de facer, con elementos surrealistas, unha poetización desta sociedade de consumo na que vivimos”. Así resumiu a obra o propio autor.

A Real Academia Galega elixiu a Manuel María como autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2016 “Un intento de facer, con elementos surrealistas, unha poetización desta sociedade de consumo na que vivimos”. Así resumiu a obra o propio autor, Manuel María. O poeta escribiu este poemario en 1978 e saíu publicado por vez primeira en Alvarellos Editora ao ano seguinte, en febreiro. O Catavento de neutrós domesticados é un libro sorprendente, innovador e anticipador. Un dos títulos históricos do primeiro catálogo desta editorial que, tres décadas despois da súa aparición, cumpría recuperar. A obra destila altas doses de inconformismo, retranca, desacougo e caos. Transcorre entre o íntimo e o social. Nela emerxen verdadeiros achádegos semánticos nun altísimo dominio do idioma. A presente edición mantén a portada orixinal de 1979 coas ilustracións interiores de Xohán Clodio, e complétase cun amplo e documentado estudo por parte do profesor e escritor Camilo Gómez Torres, un profundo coñecedor da obra de Manuel María, a quen cualifica de “autor total”.
Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei, 1929-A Coruña, 2004) foi un dos poetas galegos máis importantes do século XX, autor dunha das obras máis inxentes da nosa literatura (con máis de medio cento de volumes publicados, esencialmente poemas, mais tamén ensaio, narrativa ou teatro). Entre as súas obras, destacan: Muiñeiro de brétemas (1950), o primeiro poemario dun poeta da nova xeración, co que se inaugura a “Escola da Tebra”;Morrendo a cada intre (1952), Terra Chá (1954), unha homenaxe á súa terra natal onde a paisaxe é a protagonista; Libro de pregos (1962), Barriga verde (1968), Poemas ao outono (1977),Catavento de neutrós domesticados (1979), ouCompendio de orballos e incertezas (1991), entre outros. En xullo de 2015 a Real Academia Galega elixiu a Manuel María como autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2016.

____