Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

A CASA DA PAIXÓN

€15,20
ISBN 9788482889504
A casa da paixón, publicada no Brasil en 1972, obtivo o Premio Mário de Andrade da Associaçao de Críticos de Arte de Sao Paulo ao mellor libro de ficción. Marta, orfa de nai desde o seu nacemento, é criada pola súa vella ama e mais polo seu pai, un home celoso que se sente incestuosamente atraído pola filla.

Nélida Piñón tece nesta novela un texto no que a lingua, a terra e o corpo da muller se imbrican e constitúen unha fonda pescuda en prol da expresión literaria como exploración de conflitos e emocións, como labirinto que cómpre percorrer para chegar á cerna oculta da realidade.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego