Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CARTAS DE POBOAMENTO INEDITAS DE BAIONA E MONTE REAL

€15,00
ISBN 9788418136122

Cartas de Poboamento inéditas de Baiona e Monte Real ofrece por primeira vez os textos orixinais e íntegros da Carta Fundacional de Baiona , outorgada en 1201 por Alfonso IX , e da de Monte Real , coñecida polos Reis Católicos no 1497 , escritas respectivamente no latín e castelán da súa época.
Ambos documentos constitúen o primeiro código de dereito do correspondente reguengo , ao conter as primeiras ordenanzas que regularon a vida xurídica ,social e económica dos seus primeiros poboadores .

A monografía consta dun extenso estudo sobre a natureza, contido e finalidade das cartas , os motivos do seu outorgamento , os contextos políticos e sociais nos tempos en que foron redactadas e as repercusións da súa concesión.
Esta obra, da autoría de Avelino Sierra , constitúe unha achega de primeiro orde aos estudos documentais do Medievo en Galicia , en canto que recupera a memoria de dous episodios fundamentais da historia da Real Vila de Baiona referente ás súas orixes e enraizamento.

____

Editorial: Fervenza
Idioma: Galego