Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

CARTAS AO MEU AMIGO. EPISTOLARIO MINDONIENSE A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. 1949-1961

€20,20
ISBN 9788482885599
A historia da amizade entre dúas das grandes figuras da cultura galega a través da súa correspondencia.

Cunqueiro e Fernández del Riego, ambos das terras altas da provincia de Lugo, coñecéronse moi novos, nos anos de bacharelato, e fixeron xuntos o camiño todo da vida. En 1949 Cunqueiro volve a Mondoñedo, logo dunha fracasada experiencia en Madrid. A Guerra Civil separará temporalmente aos dous amigos. Cunqueiro no bando dos chamados nacionais. Del Riego, en Vigo, logo de ser represariado na universidade. Un Cunqueiro deprimido, arredado de case todo, recibe as cartas do seu amigo animándoo a seguir e, sobre todo, a non afastarse das letras galegas, que con tanto éxito ensaiara na poesía antes da Guerra Civil. A profesora Dolores Vilavedra, da Universidade de Santiago, preparou esta edición, cun ensaio coidadoso que enmarca a correspondencia no seu contexto, precedido dun limiar do propio Francisco Fernández del Riego.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego