A Diana Varela gústalle pensar que o local que Medulia ten en Menéndez Pidal para dar acubillo á cultura é un local indie, que se afasta do habitual que é dispensar exemplares sen poñer cara. Hai un ano que están fisicamente na cidade rimando versos e organizando actos para que as letras estean vivan, que non se apaguen. Na festa do primeiro aniversario, estiveron moitos dos autores aos que lle puxeron tapas como Vicente Reboleiro, gaiteiro do Courel, ao que lle publicaron “Aldea viva”, Dionisio de Ana Prieto ou Claudia Castro, que gañou o premio de poesía do concello de Negreira: “Foi moi entrañable e con el quixemos dar a coñecer o local” para os que aínda non saben que nos Mallos existe un espazo polivalente de cultura, onde se poden ver exposicións como a de Pepe Cáccamo ou de Nito Davila.
No momento actual, Diana conta que teñen no forno novas delicias como unha publicación sobre Man, o alemán de Camelle, “de literatura infantil con ilustracións de Laura Veleiro e texto de Beatriz Maceda”, e sobre todo, “unha das obras da que estamos orgullosos”. Títulase “Cartas ao cholo” e aliñouna Xavier Alcalá. Comenta Varela que están moi contentos de de darlle visibilidade á literatura galega e tamén de ter unha referencia física co local porque non abondan os espazos independentes. Son unha editorial indie por ser e estar, ademais de dar servizos. Alí tamén se pode adquirir o seu último libro “Non, amor” que viu a luz en 2017 pero que foi cociñando ata 2012 onde o rematou: “Levamos unha tempada traballando en Medulia e non tiven vagar para presentarlo”. O volume vén marcado polos tempos e as razóns familiares porque un falecemento moi próximo lle condicionou a escrita, “non me sentía con ánimo e deixeino repousar”, para analizar precisamente “a finitude, non só das persoas, tamén a desaparición que iso conleva, de etapas vitais e obxectos, que de repente xa non están con nós e nos desconcerta”. As pezas falan sobre este tipo de desaparicións. É moi musical e aparte da versión en papel, sacaron un DVD de Cristian Rola, no que os poemas son case curtas que chegaron en avión a París, onde Diana o presentou.____
Editorial: MeduliaIdioma: Castellano