Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CARTA AO PAI

€9,50
ISBN 9788412904215

Cando o seu derradeiro intento de compromiso matrimonial fracasa debido á oposición paterna, Franz Kafka escríbelle unha carta a seu pai para tentar atopar algún punto de entendemento nunha relación chea de desencontros. Porén, a misiva nunca chegará ao seu destinatario: a nai de Franz, a quen o autor lle pide que faga de emisaria, decide destruíla, convencida de que só serviría para abrir unha fenda máis profunda entre pai e fillo..

Franz Kafka, nado en Praga o 3 de xullo de 1883 e finado en Viena o 3 de xuño de 1924, foi un escritor en lingua alemá. Está considerado un dos maiores novelistas en alemán, e dos mellores escritores de historias curtas do século XX. A súa obra, das máis influentes da literatura universal, é unha das pioneiras na fusión de elementos realistas con fantásticos e ten como principais temas os conflitos paternofiliais, a ansiedade, o existencialismo, a brutalidade física e psicolóxica, a culpa, a filosofía do absurdo, a burocracia e as transformacións espirituais.

____

Editorial: IRMAS CARTONÉ 11-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 80
NARRATIVA