Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CARLOS CASARES UN CONTADOR DE HISTORIAS. VIDA E OBRA

€10,00
ISBN 9788491510390
Unha biografía concisa e ben documentada do escritor Carlos Casares.

Biografía do escritor na que se presta atención especial aos aspectos relacionados coa súa obra literaria e xornalística. Desde a infancia e mocidade en Xinzo de Limia e Ourense, á súa chegada a Compostela e a súa revelación como escritor. Tamén a súa contribución á cultura e á sociedade galegas, a súa actividade como editor, e a súa participación nas institucións culturais e políticas. A relación entre vida e obra do autor de Vento ferido serve de guía e argumento a unha biografía que é ao tempo retrato do personaxe e interpretación da significación da súa obra. Unha achega imprescindible para entender tanto a historia da literatura coma a cultura e a sociedade galegas do seu tempo.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego