Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CAPITÁN LENTELLA 2 UNHA CHUVIA DE ESTRELAS

€12,95
ISBN 9788411105514

Descubre a nova aventura do Capitán Lentella!

Tras a aventura que viviron na Terra, os intrépidos exploradores espaciais Lalo e Rufino, acompañados agora tamén por Bicudo, continúan a viaxe polo Universo. Un novo encontro coa mosca desviará o seu rumbo unha vez máis, aínda que nesta ocasión non serán os únicos que vaian tras dela... Quen é esa misteriosa xoaniña e a que se refire cando fala da «Chuvia de Estrelas»?

Jorge Campos naceu en Ourense en 1982 e criouse entre a caloriña das Burgas e a maxia da Ribeira Sacra. Estudou arquitectura na Coruña e, nun xiro maxistral da vida, volveu á súa cidade natal, onde estudou ilustración na escola de arte Antonio Faílde. Converteuse entón en «ilustratecto». Tras gañar varios certames de banda deseñada, en 2017 publicou a súa primeira obra, «Alter·nativo», que obtivo o premio ao mellor libro de banda deseñada na Gala do Libro Galego. Tamén é autor e coautor das bandas deseñadas «Unha mestra en apuros» (I, II e III), «O destino de Kameko» e «As aventuras de Vani: Montaña» e os títulos «Capitán Lentella. Aventura a todo gas» (Xerais, 2022) e «Capitán Lentella. Unha nova chuvia de estrelas» (Xerais, 2024). Outras obras destacadas súas son «A vida diaria dos romanos», «Un día de festa en... Allariz» e o «Atlas da Galicia pequeniña». Se te atopas con el pola rúa, é moi probable que o vexas sorrindo. Podes seguilo nas redes sociais, na súa conta @ilustratecto.

____

Editorial: Xerais 05-2024
Idioma: Galego