Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CANTOS CAUCANOS

€15,80
ISBN 9788483029466
Premio da Crítica, 1985 (poesía)   "Cantos caucanos" publicado integramente en 1985, cinco anos despois despois da volta de Antón Avilés da súa estadía durante dezanove anos en Colombia. O poemario, no que o autor expresa a súa saudade polo país americano, a súa segunda patria, -"aquela patria da mocedade", nas súas palabras, foi merecedor do Premio Nacional da Crítica, quedando tamén como finalista no Premio Nacional de Literatura. Como na maior parte da súa obra poética, en "Cantos cucanos" Avilés pretende recobrar as extensas xeografías do Val do Cauca como unha paraíso definitivamente perdido, a través da palabra poética.

Na obra, constituída por tres poemas extensos, organizados en dúas series ("Crónicas", a primeira, e a segunda homónima ao título do poemario), a visión deste paraíso comprende unha ampla franxa temporal que representa inicialmente un ámbito precolombino edénico, logo os horrores da conquista por parte dos españois, algún dos episodios da loita pola independencia, a época contemporánea dos anos vividos en Colombia e a súa posterior lembranza saudosa desde Galicia. Para explicar este proceso de recuperación do xa perdido, empregou Avilés a figura de Ulises, imprescindible na configuración da súa poética. Para Martín Veiga, responsable da presente edición e autor do extenso estudio biobliográfico que a precede, a sabia utilización que Avilés fixo da súa experiencia americana desenvolvendo un tecido lírico que a transcende, converten a "Cantos caucanos" "nunha obra única no ámbito da literatura galega". A incorporación do exotismo, tanto temático como léxico; a ollada atemporal, acaso mítico; a potencia vitalista e a dicción rotunda e sonora; a prodixiosa potencia verbal destes versos; a suntuosidade desta voz, que se demora nunha narratividade historicista propia da nova épica, mesturada igualmente cos matices delicados da poesía lírica e elexíaca, aspectos valorados unanimente pola crítica, fixeron de Cantos caucanos un dos cumes colosais da poesía galega dos anos oitenta.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • NAS CATACUMBAS

    NAS CATACUMBAS

    Xavier Alcalá
    €15,50

    Unha posguerra cruel. A nova entrega da triloxía "Evanxélica memoria", proxecto narrativo co que Xavier Alcalá conta en clave de novela a represión...

    Ver todos os detalles
  • RAIZ E CANTO I.NOMES PARA UNHA CRONICA VITAL E LITERARIA

    RAIZ E CANTO I.NOMES PARA UNHA CRONICA VITAL E LITERARIA

    XULIO LOPEZ VALCARCEL
    €15,00

    Paisaxes, vilas, casas, estancias nas que o selo do xenio impuxo o seu cuño. Un paseo polo amor e a morte, como no titulo de Houston.Xulio López Va...

    Ver todos os detalles
  • CADERNOS PERSOAIS

    Lois Pereiro
    €17,00

      Chan da Pólvora réndelle homenaxe a Lois Pereiro no 25 aniversario da sua morte –24 de mayo de 1996– coa publicación deste conxunto de cadernos i...

    Ver todos os detalles
  • MARXINALIA

    XABIER PAZ
    €24,90

    Xabier Paz publica o seu primeiro libro de poemas andados os cincuenta anos. Desde aquela publica outros catro poemarios callando a súa traxectori...

    Ver todos os detalles
  • CANCIONEIRO OENCIA E CONTORNA

    CANCIONEIRO OENCIA E CONTORNA

    Xosé lois Foxo
    €20,00

    Libro + 3CD + 1DVD Xosé Lois Foxo recolle e edita 350 cantares, romances, poemas e brindos da zoa de Oencia. Un libro extraordinario do patrimonio ...

    Ver todos os detalles