Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CANTARES GALLEGOS, HOXE UNHA LECTURA ACTUALIZADA DE ROSALÍA DE CASTRO

€13,00
ISBN WP910
Ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares gallegos (Vigo, 1863), a profesora María Pilar García Negro leva a cabo unha posta ao día orixinal, realista e actualizada da obra que cualifica como o primeiro monumento da literatura galega contemporánea.

Ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares gallegos (Vigo, 1863), a profesora María Pilar García Negro leva a cabo unha posta ao día orixinal, realista e actualizada da obra que cualifica como o primeiro monumento da literatura galega contemporánea. “O noso intento foi explicar a Rosalía e explicar os Cantares... desmusealizándoos”, afirma García Negro. “O feminismo ilustrado e sempre socializado; o amor e a defensa afervoada da Galiza; o compromiso radical coas súas clases populares. A fórmula maxistral da escritora aliméntase destes mandatos”.
MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO (Lugo, 1953) é profesora da Universidade da Coruña. Ensino, cultura, políticas para as mulleres e política lingüística son os eixes sobre os que desenvolve a súa actividade profesional. Leva publicados trece libros e numerosos artigos en medios de comunicación e revistas especializadas. A obra que aquí presentamos é o seu terceiro ensaio sobre Rosalía de Castro. Os anteriores foron: Rosalía de Castro. El caballero de las botas azules. Lieders. Las literatas (2006) e O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo (2010), XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco.


____

También te podría interesar...

  • CANTARES GALLEGOS

    CANTARES GALLEGOS

    Rosalía de Castro
    €11,00

    Rosalía de Castro é autora dunha das obras fundamentais da literatura galega de todos os tempos. O seu libro Cantares gallegos é considerado como a...

    Ver todos os detalles
  • CANTARES GALLEGOS

    CANTARES GALLEGOS

    Rosalía de Castro
    €22,95

    Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A pub...

    Ver todos os detalles
  • FOLLAS NOVAS

    FOLLAS NOVAS

    Rosalía de Castro
    €22,95

    Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con “Follas novas” (1880). “Follas novas” é considerada un...

    Ver todos os detalles
  • FOLLAS NOVAS 1

    VV AA
    €15,00

    Revista estudios rosalianos. LIMIARIntrodución do presidente Anxo Angueira Presentación do director Xosé Luís Axeitos ARTIGOSSobre a recepción e f...

    Ver todos os detalles
  • SOBRE A LINGUA GALEGA DE ROSALÍA DE CASTRO

    SOBRE A LINGUA GALEGA DE ROSALÍA DE CASTRO

    Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda
    €20,00

    Trátase dun traballo moi elaborado e minucioso que a autora construíu co rigor e a prudencia que a caracterizaban nas súas investigacións. Ofrecémo...

    Ver todos os detalles