Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

CANTAR DE RUODLIEB

por Anónimo
€15,00
ISBN 9788492866878
O Cantar de Ruodlieb é un poema épico en latín escrito no último terzo do século XI en territorio alemán.

Esta obra pecha o ciclo da épica latina carolinxia, da que o Cantar de Valtario foi unha testemuña excelsa. Distanciado claramente da épica latina medieval, o poema inaugura o riquísimo ciclo de narracións épicas en francés pertencentes ás materias de Bretaña e de Francia, e á épica xermánica tamén en lingua vernácula do Cantar dos Nibelungos ou do Parzival. Por estas razóns foi cualificado en moitas ocasións como a primeira novela cortés da literatura occidental e o cabaleiro protagonista coma o primeiro heroe cortés. Ruodlieb é unha amálgama de elementos de xéneros diversos e tradicións diferentes: epopea, espello de cabaleiros, lenda, conto popular, fábula, poema didáctico, saga, e moito máis. É indubidable que o autor do Ruodlieb quería contar unha historia diferente,  compoñer algo moderno e que sobre todo gozaba co oficio de escribir.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego