Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

CANDO PASOU O QUE PASOU

€16,00
ISBN 9788494771965
O 28 de xaneiro do 2018, cúmprense oitenta anos deste episodio. Pepe saltou pola fiestra do Castelo de San Antón; nadou pola badía de A Coruña e chegou salvo a terra. Pero os fascistas asasinárono antes de que pasaran dous meses.

Oitenta anos de silencio, de agonía e de carraxe. Oitenta anos nos que, miles de persoas, trataron de esquecer, de afogar, de disimular e non contar para que non se soubera... Por se acaso...! Pepe saltou pola fiestra do Castelo de San Antón; nadou pola badía de A Coruña e chegou salvo a terra. Pero os fascistas asasinárono antes de que pasaran dous meses. E con el mataron tamén, dalgún xeito, os fillos, o pai, a muller, as irmáns... A todo o seu entorno que tivo que re-inventar a vida para seguir adiante. "Cando pasou o que pasou" é un eufemismo que escoitei por boca de alguén para definir como aquela represión brutal afectou a persoas con nome a apelidos; a persoas que, ademais de padecela directamente, padecérona por duplicado pois transmitíronlle as súas consecuencias ós que quedaron e que tiveron que levalas de mellor ou pero xeito. Disto trata este libro. Do que pasou cando pasou e do que pasou despois.

____

Editorial: Toxosoutos
Idioma: Gallego