Manuel María é unha das voces máis importantes e singulares da literatura galega contemporánea. Xeralmente máis coñecido como poeta, tamén cultivou con profusión e acerto outros xéneros literarios como a narrativa, o teatro, o ensaio ou a prosa xornalística, a se converter así nun dos autores máis prolíficos e polifacéticos da nosa historia literaria.
Cancioneiro de Monforte de Lemos, editado por vez primeira en 1990 polo Concello de Monforte, é unha viaxe lírica polo Val de Lemos e a cidade de Monforte a través das súas trinta sinxelas e sentidas composicións.
____
Editorial: FUNDACIÓN MANUEL MARÍA 2016
Idioma: Galego