Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CALIDOSCOPIO

€12,00
ISBN 9788494550164

Calidoscopio é o primeiro poemario en lingua galega de Conchi da Silva, quen é coñecida en Portugal por ter participado en numerosos recitais poéticos e publicado en revistas literarias. Así mesmo, a súa poesía en castelán foi traducida ao inglés, alemán e portugués. A infancia, a nai, a morte, o amor, o paso do tempo, son temas frecuentes na súa lírica. O propio quefacer poético, e máis sinaladamente a natureza, son novidades deste poemario.

Conchi da Silva (Vigo,1966) é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Salamanca.

Os seus poemas foron traducidos ao inglés, ao portugués e ao alemán e publicados en distintos medios, como as revistas Follas, letras e outros ofícios do Grupo Poético de Aveiro (Portugal) e Das Gedicht (Alemaña), o blog de poesía da lusofonía Enredversados e a web do escritor e tradutor Paul Archer.

En xuño de 2021 publica Fisuras, o seu primeiro poemario, con Ianua Editora. O libro sae nunha edición bilingüe castelán-portugués coas traducións do poeta luso Jorge Melícias. Fisuras foi presentado en Lisboa en xullo de 2021 no festival de música e poesía Trotamundos.

____

Editorial: Barbantesa 05-2023
Idioma: Galego