Cabana de Balieiros é unha vila costeira que agocha moitos segredos. A ela chega un novo párroco, e atópase coa igrexa abandonada e unha terra de costumes ancestrais.
A obra acércanos ao enfrontamento entre costumes sociais e relixiosos, e mestura tradición, misterio e acción na Galicia do século XIX, unha época de naufraxios de grandes barcos, provocados por grandes tormentas, unha costa difícil e ás veces por sinais luminosas de bandidos. Tokio, un dos veteranos da BD galega, volveu ao medio con esta emocionante novela gráfica.

____
Editorial: DEMO
Idioma: Gallego