Ir ao contido
Benvidos á nova web de Librería Abrente!
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

BOLO'BOLO / P.M.

€15,00
ISBN WP4477
Unha gramática do desexo nova para desenvolver aquilo ao que algúns chaman utopía e outros, coma nós, consideramos a realización de formas de vida despregantes, á marxe da patética e cruel MPT(Máquina Planetaria de Traballo) e da realpolitik neoliberal. Como di Hakim Bey "Un mundo no que a TAZ (Zona Temporalmente Autónoma) teña éxito en sentar raíces podería asemellarse ao mundo imaxinado por P.M

En palabras de P.M., "é evidente que debemos construír comunidades máis pequenas, autónomas, comunidades autárquicas, para que os mecanismos da Máquina, diñeiro, grande industria e Estado se volvan innecesarios. Por outra banda, non é xa posíbel retornar á vida máis libre de cazadores e recolledores, porque as bases naturais están arruinadas e somos demasiado numerosos. Sobre o tamano destas comunidades (bolos), sobre a relación entre elas, sobre organismos adicionais, sobre o uso das tecnoloxías, etc., temos que poder conversar. Este é o obxectivo que bolo’bolo persegue." bolo'bolo,    publicado en 1983, rapidamente convertido en clásico, constrúe, a través dunha linguaxe propia —o asa'pili— un contorno conceptual, simbólico, unha gramática do desexo nova para desenvolver aquilo ao que algúns chaman utopía e outros, coma nós, consideramos a realización de formas de vida despregantes, á marxe da patética e cruel MPT (Máquina Planetaria de Traballo) e darealpolitik neoliberal. Como di Hakim Bey "Un mundo no que a TAZ (Zona Temporalmente Autónoma) teña éxito en sentar raíces podería asemellarse ao mundo imaxinado por P.M. no seu bolo'bolo." Sobre a autoría deste libro, podemos decir que P.M. son as iniciais máis comúns na guía de teléfonos de Zúrich. Por trás delas flúe a experiencia vital dunha persoa nutrida no espírito do Maio do 68, que co-creou e promoveu activamente espazos comunitarios durante o auxe dos movementos okupas na década dos 80, e que actualmente está implicada no desenvolvemento de proxectos colectivos urbanos e autónomos diversos. Podemos seguir a súa pegada, alén de enbolo'bolo, en Akiba (Paranoia City Verlag, 2007) ou a través de experiencias en proceso como o500.org.

____