Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

BOLETIN DA REAL ACADEMIA GALEGA 380. ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

€18,00
ISBN

 Os traballos que constitúen o núcleo deste número do Boletín profundan na vida e na obra do protagonista do Día das Letras Galegas 2019, Antonio Fraguas, nas múltiples facetas que cultivou. Tanto as alocucións académicas do 17 de maio, pronunciadas en Famelga (Cerdedo-Cotobade), ante a escola onde estudou, como o Simposio coorganizado a finais de novembro na Coruña e Santiago de Compostela pola Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego (MPG) –tres institucións das que Antonio Fraguas foi membro destacado­– abordaron esa diversidade. As quince contribución expostas en ambos os foros indagan na súa dimensión docente, que deixou pegada en varias xeracións; as achegas que fixo como etnógrafo, arqueólogo, xeógrafo ou historiador; e o labor de publicista divulgador en libros e publicacións diversas, sen esquecer a súa condición de referencia obrigada na creación e consolidación de institucións como o MPG, que presidiu ata o seu falecemento.

O Boletín 380 inclúe outras achegas de interese relacionadas coa memoria histórica das nosas letras. No ano 2019 cumpríronse sete décadas da aparición en Pontevedra do primeiro título da colección de poesía Benito Soto, unha iniciativa precursora e, en certa medida, rupturista do espazo editorial galego (en lingua galega) fortemente condicionado pola ditadura resultante da guerra civil. A conmemoración celebrouse no Museo de Pontevedra. Cumpría facelo.

Completan este número dous traballos de estudo e investigación: un de carácter lingüístico-literario, centrado no cambio lingüístico no galego-portugués nos séculos XIII e XIV (Henrique Monteagudo) e outro de carácter crítico-literario no que Juan Félix Neira descobre e comenta un poema inédito de Eduardo Pondal.

 

_____Táboa de contidos
Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas
Antonio Fraguas, de Insuela á Real Academia Galega
María Xosé Fernández Cerviño

A Galicia máxica de don Antonio Fraguas
Antonio Reigosa Carreiras

A paisaxe na obra de Antonio Fraguas
Francisco Díaz-Fierros Viqueira

Os estudos de xeografía na primeira metade so s. XX en Galicia
Francisco R. Durán Villa

A xeografía de Galiza con e após Fraguas
Valerià Paül Carril

Antonio Fraguas. O profesor
Camiño Noia Campos

Os antecedentes e o papel de Fraguas na arqueoloxía do Seminario de Estudos Galegos
Francisco Calo Lourido

Fraguas e a arqueoloxía galega na segunda metade do s. XX
Felipe Arias Vilas

A Galicia de Fraguas
Manuel Mandianes Castro

Antonio Fraguas, etnógrafo
Clodio González Pérez

Antropoloxía(s) en Galiza na actualidade
Cristina Sánchez Carretero

A patrimonialización e a musealización dos bens etnográficos en Galicia. Pasado, presente e porvir
Xosé C. Sierra Rodríguez

Os vínculos entre as antropologias galega e portuguesa: perspetivas para a colaboração no século XXI
Xerardo Pereiro

Alocucións académicas no Día das Letras Galegas
Antonio Fraguas Fraguas: fitos senlleiros dunha vida dedicada a Galicia
Clodio González Pérez

O mestre que explorou a cara oculta da lúa
Fina Casalderrey

Sentimentos da paisaxe en Antonio Fraguas
Francisco Díaz-Fierros Viqueira

Conmemoración do 70 aniversario da Colección Benito Soto
Baixo o peito da ferida: da Colección Benito Soto a Olga
Ana Acuña

A aventura de editar na primeira posguerra, e dalgunhas relacións de Aquilino Iglesia Alvariño cos homes da Benito Soto
Patricia Arias Chachero

A colección Benito Soto, a primeira aventura poética na Galiza da posguerra (Pontevedra 1949-1950/1951-1952): Sobre o seu inicial agaleguismo e outras notas
Xesús Alonso Montero

Traballos de investigación e estudo
Variación e cambio lingüístico no galego-portugués (s. XIII - s. XIV): os clítico me/mi e lle/lhi e outras formas en <-e> final
Henrique Monteagudo

De Eduardo a Eduarda: un poema inédito de Pondal á irmá morta
Juan Félix Neira Pérez

_____

Editorial: Real academia Galega

Idioma: Galego