Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

BAROÑA OU MORTE

€11,00
ISBN WP4389
O Castro de Baroña estivo habitado por uns personaxes.

Da man do prestixioso deseñador e debuxante, nace en Galicia unha nova serie en banda deseñada. Hai moitos anos, o Castro de Baroña estivo habitado por uns personaxes moi peculiares, unha longa parentela coñecida como Os Barbanzóns, que imos ir coñecendo a través de varias historias narradas en banda deseñada. A clave do guión está baseada en situacións de hoxe día, pero resoltas ao presunto estilo daqueles tempos. Na que presentamos vemos a un paranoico Con que, contra a tranquilidade do clan, decide concienciar aos seus do perigo que poden sofrir por non estaren alerta de posibles invasións. A mellor defensa é o ataque, e a mellor defensa contra o ataque é unha boa festa.

____