Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

BAILEGRAMAS

€15,00
ISBN 9788494951107
Bailegramas é a primeira proposta dun sistema de notación especifico para o baile tradicional galego. Esta publicación é fundamental do punto de vista da memoria, o coñecemento e a difusión social deste patrimonio coreográfico que por ser conservado no ámbito rural atende á defensa da diversidade e a estima colectiva.  

Bailegramas é valido para documentar e analizar por escrito un baile tradicional galego vivido, presenciado ou desde un rexistro audiovisual. O sistema permite analizar os movementos e o significado de cada paso, ver como se integran na coreografía e avanzar na compresión das implicacións sociais do baile para a comunidade. Serxio Cobos é un bailarín especializado en música e danza tradicional Galega a través da formación na escola de folclore “Cantigas e Agarimos” e en traballo de campo e recollidas etnocoreográficas etnomusicolóxicas desde o ano 1989. Adícase a danza tradicional en todas as súas vertentes como creador e intérprete sendo coreógrafo, bailarín, músico e director musical. É ilustrador de diferentes traballos e investiga para a creación de unha nomenclatura e simboloxía ad hoc ao baile tradicional galego chamado “cara ós Bailegramas”. En Portugal está traballando como intérprete na compañia de danza contemporánea CLARA ANDERMATT. Musicalmente dirixe o grupo portugués AQUÍ HÁ BAILE .

____

Editorial: aCentralfolque
Idioma: Gallego