Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

'AYN. O OLLO E A FONTE.

€15,00
ISBN 9788494476358
A palabra árabe عين (‘ayn) designa metaforicamente, na tradición islámica do sufismo, a dimensión interrelacional entre o humano e o divino, entre o coñecido e o descoñecido. Significando «fonte», significa tamén «ollo» e, nese senso, tal dualidade outórgalle á palabra un horizonte sémico moi apropiado para abordar certos aspectos do real e do existente humano que, sen precisarmos dun artellamento demasiado categorial, abre unha intelección da alteridade posíbel na que o ser é quen de entrar, alén da tipoloxía de discurso ou argumentario que use.

Nun conxunto de ensaios que tratan a obra de místicas medievais heterodoxas como Mechthild von Magdeburg ou filósofos islámicos coma Ibn ‘Arabi, pasando a través de brillantes pensadores coma Simone Weil ou Gilles Deleuze, عين (‘ayn). O ollo e a fonte, da filóloga e ensaísta Almudena Otero Villena, non pide outra cousa senón escoita, á maneira en que certa tradición, inscrita nas angueiras alternativas do filosófico-literario, recomenda para se achegar ás mestas urdas do mundo.

____

Editorial: axóuxere
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • O MUNDO NOS OLLOS

    José Campanari
    €8,10

    O avó di que os ollosson dúas ventás para asomarse ao mundo.Eu asómome e sinalo cada cousa que vexo.Sempre hai alguén que me di o que é.O avó invit...

    Ver todos os detalles
  • TRATADO PARA OLLOMOLES

    DIEGO COUSILLAS NOVO
    €14,90

    Tratado para ollomolos é un álbum de poesía visual no que se dan a man a fotografía e o pé de foto. O poeta cede a palabra ao fotógrafo amateur que...

    Ver todos os detalles
  • 40 INVERNOS

    ANXO ROMAR
    €20,00

    Tratado para ollomolos é un álbum de poesía visual no que se dan a man a fotografía e o pé de foto. O poeta cede a palabra ao fotógrafo amateur que...

    Ver todos os detalles
  • XOSÉ VELO. SEN FRONTEIRAS

    Xosé Velo
    €15,00

    Fotobiografía sonora. Inclúe códigos QR, Música, Audiovisual, Arquivos de audio inéditos.Animal político, Xosé Velo non foi animal de rebaño. Aínda...

    Ver todos os detalles
  • OS NOMES DE VAL

    LOLI R. RODRÍGUEZ
    €17,90

    Esta é a historia de Val, unha nena adoptada a finais dos anos sesenta nunha vila galega.Secretos, mentiras, a loita pola supervivencia, o afán de...

    Ver todos os detalles