Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ASÍ NACEU UNHA LINGUA. SOBRE AS ORIXES DO PORTUGUÉS

€17,00
ISBN 9788491516170

O autor quere expersar a súa satisfacción e agradecemento pola publicación deste libro en lingua galega.

Fernando Venâncio, un dos intelectuais portugueses que presta maior atención á cultura galega, á identidade do noso idioma, o seu cultivo e a súa norma, preséntanos en Así naceu unha lingua un novo xeito de contar unha historia —lingüística—, neste caso a da lingua portuguesa, de forma orixinal, onde sostén que as orixes do portugués están no galego.

O fío condutor é a idea, non nova, de que, nunha fase fundamental do portugués —século XV—, se produciu unha profunda desgaleguización da lingua, que, en gran medida, foi tamén castelanización. A súa é unha proposta provocadora para o portugués medio, polémica para o culto e incómoda para os ámbitos académicos lusos que contribuíron a lexitimar a mitoloxía nacionalista.

O autor argumenta a súa tese a través dun minucioso estudo da historia do léxico, unha escolla orixinal en canto que se concentra nun eido da historia da lingua pouco traballado, e que resulta eficaz e atractivo para o público non especializado.

As palabras, coas súas traxectorias e vicisitudes diversas, constitúen a cerna do relato histórico, enfiado con dinamismo e amenidade cun estilo incisivo, claro e preciso, ás veces envolto nun fino humor.

______

Editorial: Galaxia
Idioma: Galego