Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TEN, TEN A MIÑA CASA TEN

€10,00
ISBN 9788482884332

Atletas, augas, aureanas, barbantesas, barcas, barcos, bardos, beléns, bruxas, buguinas, buxainas, cabaliños, camiños, campás, carreiros, doces, dragóns, fadas, feitizos, flores, froitas, fumarolas, furnas, gaivotas, guirlandas, illas, infantas, instrumentos, lagoas, lobos... todo isto e máis neste libriño: versos sobre unha chea de lugares e debuxos como mapas.

Babarro González, Xoán
Natural de Calvelo de Zorelle, no concello ourensán de Maceda (1947), compaxina o ensino e a investigación coa creación literaria. Doutorouse en Filoloxía cunha tese sobre o galego de Asturias, unha variante lingüística que utiliza en obras de creación como Píllaras. Canciois del Navia. Foi galardoado co Premio Pura e Dora Vázquez de narración (con Palabra era un universo paralelo) e co Premio Arume de poesía (con A princesa de Taramundi), entre outros. Obras súas son Hilario e os tres medos (2017), Sálice e Sándala. Salvados por unha uña negra (2022) e Garabitolas (2023). Nesta nosa colección de Galaxia publicou As máscaras do profesor Robindra (2015), Teño oito anos e quero ser youtuber (2019) e Carliños capitán! (2022), entre outras.

____

Editorial: Galaxia 08-2001

Idioma: Galego