Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS VALGADAS BRAVAS

€14,50
ISBN WP2281
Casellas botou tres anos concentrado na escritura da súa única novela, As valgadas bravas, que, tras saír de xeito fragmentario na prensa da época, foi publicada nun volume de seu en 1901. Esta obra supón a inauguración do modernismo narrativo nas letras catalás e é tamén a precursora do que se daría en chamar naturalismo rural.

En esencia, o texto presenta o enfrontamento de dúas visións, a do home letrado e a da sociedade, que o autor simboliza respectivamente nas figuras por unha banda dun capelán e pola outra dos bravos e primarios habitantes dun recullo de montaña. Con todo e iso, este simbolismo vén alicerzado sobre unha base realista, con lugares e personaxes perfectamente recoñecibles.A modo de envoltorio, aparece a natureza agreste, que contribúe a imposibilitar a adaptación do relixioso á vida rural. Cómpre sinalar por último que o espírito de loita, malia desenganos e derrotas, se erixe como valor fundamental para o autor barcelonés, algo que predicou dende os comezos o propio ideario modernista.

____