Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS POMBAS DE CARBOEIRO

€18,00
ISBN 9788412249132
Unha aventura no camiño de Santiago.

Ao acampar as tropas napoleónicas no priorado de Carboeiro, descobren na cripta un frade beneditino que foi alí encarcerado. O capitán do batallón libera o frade e convídao a cear cos mandos; despois da cea, nunha partida coas cartas do tarot de Marsella, o capitán toma a decisión de matar as pombas mensaxeiras do mosteiro para alimentar o seu batallón. O frade tratará de impedilo contándolle unha historia fantástica, ilustrada coas cartas do tarot e ambientada no alto medievo.

Cervela de Bonaval comeza a súa misión en Zamora e cabalga ata Compostela polo val de Monterrei, a lagoa de Antela, a vila de Allariz, as burgas de Ourese, as carballeiras de Lalín, o convento de Camanzo e o mosteiro de Carboeiro. Lugares nos que acontecen as aventuras e desventuras do protagonista do noso relato e hoxe en día espazos do noso patrimonio paisaxístico e cultural, que pretendemos con este libro-disco axudar a por en valor.

____

Editorial: Demo
Idioma: Galego