Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS MULLERES EN GALICIA NO SÉCULO XX

€24,00
ISBN WP1658
O lector poderá comprobar nos diferentes capítulos que conforman esta obra que a tradicional dicotomía que analizaba a realidade como se se tratase de esferas separadas, restrinxindo a participación feminina ao ámbito privado mentres reservaba para os homes o espazo do público, carece de fundamento histórico.

Porén, que esta dicotomía hoxe estea superada, non significa afirmar que a participación das mulleres no que se considera territorio ou dominio do social e o político —é dicir, daquilo que foi obxecto de atención prioritaria para a Historia— fose da mesma intensidade que no caso dos homes. O que a historia das mulleres permite poñer de manifesto son, por unha banda, os mecanismos, as estratexias, as institucións e os axentes que perpetuaron as relacións de dominación entre os sexos. Pero tamén, para nós, a necesidade de abandonar eses esquemas que ofrecen unha visión nesgada da realidade, contribuíndo á realización dunha historia máis complexa e real, que buscaría unha meirande integración entre as súas partes: entre o masculino e o feminino, entre o privado e o público ou o social e o político.

____