Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS ILLAS DOS DEUSES

€23,50
ISBN 9788491217008

Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso "Alba de groria" nun momento en que xa sabe que ten a doenza do cancro. É entón cando aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista coa encarga de matar a Castelao. De súpeto, por un motivo inesperado, o pasado volve con forza á memoria do galeguista trasladándoo a un verán que vivirá na Illa de Ons. A presenza do sicario, personaxe abxecto, responsable de "paseos" e asasinatos tras o estoupido da Guerra Civil e membro da policía secreta de Franco, leva a Castelao a ese verán que, cando era novo, pasara na illa reflexionando e pintando, enfrontándose ao feito de que non desexaba practicar a medicina. A medio camiño entre a ficción e a realidade histórica, "As illas dos deuses" é unha apaixonante novela de intriga construída a partir da reinvención da nosa historia e da vida dunha das figuras máis míticas da cultura galega.

Serafín Parcero Pérez, nado en Moaña o 25 de xullo de 1955, é un mestre e escritor galego. Exerceu de mestre ata a súa xubilación como profesor no IES María Soliño de Cangas do Morrazo.  Desde novo participou na vida social, cultural e deportiva da súa vila e estivo vencellado á narración e ao teatro infantil. Como escritor, iniciouse no ámbito do microrrelato no ano 2000 e varios dos seus textos recibiron diversos premios. Cultivou a poesía social. Influído pola súa profesión, comezou a escribir contos e teatro para nenos. Iniciouse no ámbito do microrrelato no ano 2000. Colaborou no recompilatorio Póker de d(r)amas e na publicación As escolas de Cangas (Asociación Cultural A Cepa.

____

Editorial: Xerais 12-2020
Idioma: Galego