Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS HERBAS DE SAN XOAN. CADERNO DE CAMPO PARA FACERES O CACHO

€12,00
ISBN 9788494634116

Este libro é unha guía de campo para aprender a recoñecer as herbas que son necesarias para a elaboración do cacho de San Xoán . Inclúe ademais un breve resumo dos usos medicinais e máxicos asociados tradicionalmente a todas estas plantas .
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite.

Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.

As orixes remóntanse ás celebracións pagás do solsticio de verán. As tradicións populares non asumidas polo cristianismo foron combatidas por Martiño Dumiense, bispo de Braga no século VI, que non puido impedir que estas tradicións chegasen a hoxe en día: o lume e ir a pola auga de sete fontes para facer o cacho (auga de herbas) e así afastar o mal de ollo, as meigas e as envexas.

Os principais refráns sanxoaneiros relacionados coas herbas recollidos din: "En san Xoán, as bruxas fuxirán. " "A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan. " "No san Xoán, fouciña na man. "

____

Editorial: KANGUINGOS EDITORA 07-2021
Idioma: Galego
Páxinas: 49
GUIA NATUREZA