Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS GOTAS DE MERCURIO

€25,00
ISBN

As gotas de mercurio” é unha novela, longa, posiblemente a gran obra narrativa do sistema literario galego de cantas se fixeron no val do Salnés; en máis de setecentas páxinas desenvolve unha viaxe cara ningures que comeza co afundimento do “Santa Isabel” no arquipélago de Salvora, e continúa coa fuxida que emprenden dezaoito homes a bordo dun pesqueiro, o “Novo Endem”, e que cincuenta anos despois devolve ao neto dun deles, Demetrios, á terra do seu avó, Abel. A través desta traxedia mariña e da fuxida por mar asistiremos a unha ficción trufada de realidade, na que a personaxe principal participa na  resistencia francesa á invasión nazi, na da loita de liberación arxelina e entregarase á militacia antifascista na Grecia dos coroneis.

A novela desenvolve unha trama de misterio, valentía e coraxe cívico, co pano de fondo dos diferentes mares europeos, que percorre os principais acontecementos históricos do século XX, dende a guerra de España, a mundial, e a de liberación da Arxelia colonizada por Francia, ata a construción do Transahariano, ou conflitos bélicos  e políticos en Gracia e Turquía.  Unha novela que remata por ser unha maxistral lección de historia e un alegato a favor da vida. 

Exidio Cuíñas, é economista e master en desenvolvemento local, realizando o seu labor profesional en diferentes proxectos relacionados co turismo mariñeiro do Salnés; sendo unha das figuras máis salientables dos que traballan arredor do patrimonio marítimo cultural. A súa primeira incursión na literatura levouno a publicar a novela “Salgadoiro de queixo e mozzarela”, no ano 2009, mantendo activo o blog “boudevara” e escribindo diferentes poemarios aínda inéditos.

La Voz de Galicia 4 xaneiro 2022

O cambadés Xaquín Cuíñas está afeito a navegar polas augas das rías galegas —coñecida é a súa vinculación coa cultura marítima— e hai unha década decidiu embarcarse noutra aventura, a da literatura. Fíxoo coa novela Salgadoiro de queixo e mozzarela e agora, de novo asinando co seu segundo nome, Exidio, volve vogar entre un mar de páxinas con As gotas de mercurio, editado por Lobisome Producions, que se presenta este martes (20 horas) en Exposalnés (Cambados). Ao acto asistirán, ademais do autor, o concelleiro, Tino Cordal, a historiadora Bea Laya e o editor Antón Mascato. «As gotas de mercurio é unha novela, longa, posiblemente a gran obra narrativa do sistema literario galego de cantas se fixeron no val do Salnés; en máis de setecentas páxinas desenvolve unha viaxe cara ningures que emprenden uns homes a bordo dun pesqueiro, o Novo Endem, e que cincuenta anos despois devolve ao neto dun deles, Demetrios, á terra do seu avó, Abel. A través desta viaxe por mar asistiremos a unha ficción trufada de realidade, na que a personaxe participa na resistencia francesa á invasión nazi, na loita de liberación arxelina e entregarse á militancia antifascista en Grecia», segundo o resumo aportado pola editorial. «A novela desenvolve unha trama de misterio, valentía e coraxe cívica, co pano de fondo dos diferentes mares europeos, que percorre os principais acontecementos históricos do século XX (...) Unha novela que remata por ser unha maxistral lección de historia e un alegato a favor da vida».

Hai anos que Cuíñas empezou a traballar nesta historia, que arrinca no 1921 co afundimento do Santa Isabel nas inmediacións de Sálvora, e chega aos nosos días. As gotas de mercurio transcorre entre a realidade e a ficción e permite facer unha viaxe pola historia do último século, para o cal Cuíñas tivo que abordar un arduo traballo de documentación: «O lector vai transportarse no tempo e no espazo», apunta este escritor que aínda non se considera tal. «Escribir é unha actividade secundaria na miña vida». O tempo dirá.

 

____

Editorial: LOBISOME  2021
Idioma: Galego