Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

AS GALERAS DE NORMANDÍA

€21,75
ISBN WP55534
As galeras de Normandía, novela de Ramón Loureiro, emerxe da Galicia de Mahiloc, ese territorio máxico chamado Terra de Escandoi, onde é posible o milagre.

Á sombra do monte Marraxón, baixo o Río Branco do Firmamento, o país que se estende desde o Mar de Ferrol até o río Eo está habitado por Henrique de Caldaloba, o Príncipe de Dúas Cabezas, e un Merlín Nigromante vello e fanado, soñando a reconstrución da Última Bretaña, a esquecida e irredutible Galicia norte. E, detrás deles, un exército de sombras, máscaras e nomes inidentificables vai construíndo un abraiante universo ficcional, coa súa polifonía de voces de vivos e mortos, a través dun xenial dominio da ironía, do humor e da retranca. E mentres ese país agarda esperanzado pola Flota Normanda, Ramón Loureiro culmina, nesta urdidura narrativa, un inesquecible macrotexto onde ecoan as voces de Cunqueiro, Torrente Ballester e Carlos Casares.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego