Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS DAMAS VERDES

€13,00
ISBN 9788494540363
A novela foi moi apreciada por, entre outros, Rosalía de Castro, quen reparou nas enormes similitudes co seu El caballero de las botas azules (1867). Por outra banda, cabe sinalar que a galega consideraba a Sand unha «novelista profunda», ademais dun modelo vital, ideolóxico, intelectual e creativo da muller emancipada e progresista.

As damas verdes, publicada orixinalmente por entregas no semanario Le Monde illustré entre abril e xuño de 1857, é unha novela curta de gran singularidade dentro da produción literaria de George Sand, unha das meirandes figuras do romanticismo francés, que aquí opta por facer unha aproximación ao xénero fantástico, con evidente ironía. Certo día de maio de 1788, un avogado chamado Just Nivières preséntase, enviado polo seu pai, no castelo da condesa de Ionis por mor dun preito que esta mantén cuns familiares e no que cómpre tomar unha decisión. Pero a atmosfera que alí atopa é ben máis complexa do esperado. Perturbado polas aparicións dunhas misteriosas e lendarias damas, sen saber de certo que responde á realidade e que á fantasía, o mozo, atacado por un incipiente desexo amoroso, deberá facer fronte á situación. Así pois, tras o atractivo veo dun relato fantástico, Sand aproveita para pór de manifesto toda unha serie de preocupacións sociais da época.

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego