Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS CHAMADAS PERDIDAS

€17,00
ISBN 9788483028117
Como cando as paredes oen aos amantes, “Así, máis, máis, máis”, estes novos relatos de Manuel Rivas, o autor de A lingua das bolboretas e O lapis do carpinteiro, non foxen da realidade senón que procuran máis e máis: ¡Máis realidade! A memoria viaxa no lombo da linguaxe.

Os recordos aquí non son pasado. Serven para a restauración da vida por medio tamén das sensacións e dunha mirada táctil. A vida concibida como unha sucesión de chamadas, das que as máis importantes son as que quedan no aire, aquelas coas que non establecemos contacto. O impacto destas perdas fai cambalear a existencia cotián. Esa excitación, ese erguerse na caída, é o punto de partida deste libro emocionante.Estamos ante un realismo íntimo, onde golpea o abraio e a sorpresa, pero que refuga a convención do “máxico”. Pola contra reclama máis e máis realidade: a que se oculta, agocha ou se disfraza. A literatura ven ser a nosa intrahistoria, e o camiño que aquí vai abrindo a escritura semella un paso clandestino, con tramos inquietantes, que nos leva á paisaxe da emoción. Os vintecatro relatos de As chamadas perdidas rebélanse contra a fatalidade. Os personaxes loitan, corpo a corpo, contra a tristeza e a soidade. Fanse fortes co seu fío de esperanza e coas súas puñadas de humor e ironía. Cada relato parte dunha dimensión social que ser ve ao autor para expresar o ámbito persoal máis có colectivo. Esa viaxe interior dos personaxes avanza paralela a únha viaxe interna do libro, estructurado ao xeito dunha mar aberta, desde contos dunha factura máis clásica como “Nós os dous” , “O heroe” ou “O partido de Reis” a outros máis experimentais como “Snif, bang, bla, bla, bla” ou “Todos os animais falan”. Vintecatro contos moi cinematográficos, escritos coa mestría característica da prosa de Manuel Rivas, constitúen, tamén, unha viaxe dende aquela Galicia popular dos anos sesenta, cando chegan os electrodomésticos e os mozos e mozas acudían aos salóns de baile, ata hoxe en día.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • O MÁIS ESTRAÑO CONTOS REUNIDOS

    O MÁIS ESTRAÑO CONTOS REUNIDOS

    Manuel Rivas
    €23,00

    Dise no coro de Antígona que hai moitas cousas estrañas no universo, pero que o máis estraño é o ser humano. A boca da literatura naceu para expres...

    Ver todos os detalles
  • NOMES DE FUME

    NOMES DE FUME

    Mírian Ferradas
    €13,00

    En Nomes de fume conflúe un exercicio de concentración expresiva admirable de xeito que os versos van alén do papel para seren frechas cravadas na ...

    Ver todos os detalles
  • MEMORIAS DUN EXGALEGO

    Josiño Araújo Pérez
    €21,95

    “Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín”. Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación d...

    Ver todos os detalles
  • DEICHE OS OLLOS E MIRACHES AS TEBRAS

    IRENE SOLÁ
    €17,00

    Despois de “Canto eu e a montaña baila”, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais.A masía C...

    Ver todos os detalles
  • CADERNOS PERSOAIS

    Lois Pereiro
    €17,00

      Chan da Pólvora réndelle homenaxe a Lois Pereiro no 25 aniversario da sua morte –24 de mayo de 1996– coa publicación deste conxunto de cadernos i...

    Ver todos os detalles