Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AS BOLBORETAS DO MEKONG

€18,00
ISBN 9788491214502
Caderno de Indochina   As bolboretas do Mekong pretende ser un libro xusto con estes pobos que venceron a maior maquinaria de guerra nunca coñecida e que hoxe rebordan esperanza. A pesar da morte que os marcou, que abrasou a selva e envelenou a terra, colleitan de novo o sementado polas xeracións precedentes. Porque as chuvias cálidas do monzón seguen asolagando cada ano os eidos das chairas de arroz.

No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm.Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga... ou Sabra e Shatila, Saraxevo, Auschwitz..., o poeta percorre as terras que o río Mekong irmanda coma un combatente solitario, coma un bo doi, e atopa as cicatrices que cobren o corpo do Vietnam e da Camboxa actuais.  

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • BÓTAME DESTE MAR FÓRA

    BÓTAME DESTE MAR FÓRA

    Xosé Ricardo Losada
    €16,00

    Tras unha longa crise existencial, o catedrático Alberte Hevia chega ao instituto Félix Muriel de Rianxo. Escapa dunha cidade burguesa e previsible...

    Ver todos os detalles
  • FÓRA DO SAGRADO

    FÓRA DO SAGRADO

    Anxo Angueira
    €14,60

    Este novo poemario de Anxo Angueira é un canto centrado en Vigo, na persoal fisionomía da cidade, na súa capitalidade cultural, literaria e polític...

    Ver todos os detalles
  • EN SALVAXE COMPAÑA

    EN SALVAXE COMPAÑA

    Manuel Rivas
    €22,95

    Premio da Crítica Galega (Creación), 1994 Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero ...

    Ver todos os detalles
  • IRIA

    IRIA

    Anxo Angueira
    €20,00

    Concibida e escrita sen concesións, Iria é un poderoso exercicio literario que nos leva a bordo, coma en Manoel Antonio, e nos emproa cara a horizo...

    Ver todos os detalles
  • CAZARÍA SALVAXE

    CAZARÍA SALVAXE

    Agustín Agra
    €12,15

    Wotan, o Demo Negro ou Señor do Inframundo, tiña ollos de lume, o corpo invisíbel ás miradas e unha negrume inescrutábel ocupaba o baleiro que ía d...

    Ver todos os detalles