Ir ao contido

O ARTE E A SUA HISTORIA

€60,00
SKU 9788484873815
Estas cuartillas mecanografadas apareceron nunha caixa de zapatos na primavera de 2017, sesenta e dous anos despois de seren escritas. Conforman un libro que non naceu para ser publicado, senón para que o lesen os fillos dos autores: así de sinxelo.

Nelas coméntase a recente morte de Einstein (abril de 1955), polo que deben ser do segundo lustro dos anos 50. Por algunha razón desapareceron nunha das mudanzas dos autores e os seus catro fillos e foron estes quen as atoparon agora. Antía Cal e Antón Beiras escribiron este texto –desbordante dun humanismo cristián irreconciliable co pensamento único Falanxista e o Nacionalcatolicismo do Réxime– nunha taiga ártica escurecida por unha longa noite de pedra: a Galicia do seu tempo. A súa (re)lectura, pon en valor o testemuño vital dos seus autores: o seu panhumanismo, o seu galeguismo heroico e, sobre todo o demais, un espírito latente de certeza intelectual e de supremacismo moral sobre un inimigo desposuído de toda dignidade humana, reducido á condición de monstro das cavernas.



Editorial: Laiovento
Idioma: Gallego