Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ARTE DEXENERADA GALEGA. CATRO EXEMPLOS FÓRA DA ESPAÑA SAUDABLE

€14,80
ISBN


PREMIO MANUEL MURGUÍA DE ENSAIO 2023

En Arte dexenerada galega. Catro exemplos fóra da España saudable abórdase o labor dos máis importantes artistas da vangarda galega: Seoane, Granell, Mallo e Colmeiro como piares do compromiso artístico, axentes do cambio social e pontes entre artes plásticas e literatura.
A “arte dexenerada” dos vangardistas galegos non foi admitida na España franquista, mais o seu traballo floreceu en América e Europa, pero descoñeceuse na súa terra. Coa chegada da democracia, a súa obra atopou o seu lugar nos museos; pero, para chegar a este punto, houbo que percorrer un longo camiño, marcado polo exilio persoal e o ostracismo artístico.

Blanca Paula Rodríguez Garabatos
(Santiago de Compostela, 1973) é investigadora, escritora e catedrática de secundaria. Licenciada en Dereito e Historia, na especialidade de Historia Contemporánea e Estudos Americanos, pola Universidade USC, é doutora en Estudos Literarios pola Universidade de Coruña, impartiu conferencias e cursos sobre arte, moda, semiótica e literatura en diferentes congresos internacionais.

Colaboradora habitual da revista de cine Versión Original, é autora artigos sobre as relacións entre moda, literatura e arte nas revistas DIGILEC, Tropelías, Boletín Galego de literatura, DeSignis, Cuadernos hispanoamericanos e la Tribuna, e escribiu os libros Emilia Pardo Bazán y la Moda (2021) e Emilia Pardo Bazán: Visiones del dandismo (2021).

Manuel Veiga

Monforte de Lemos, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía.  Exerceu o seu labor xornalístico, durante vinte e sete anos, no semanario A Nosa Terra, do que chegou a ser director. Como escritor, escribiu, entre outras, as novelas O exiliado e a primavera (Premio Xerais 2004) e Lois e Helena buscándose nun día de tormenta (Premio García Barros 2006), ademais de ensaios como Galicia contada aos non galeguistas (2020) e Que sabes da Guerra Civil e o franquismo? (2021).

___

Editorial: Galaxia 10-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 146
Col: Ensaio 135