Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ARREDOR DAS IRMANDADES DA FALA

por VV.AA.
€26,50
ISBN 9788491210900
Pensamento, política e poética en Galicia (1914-1931). Este libro, coordinado polo profesor Luís Cochón, reúne trinta traballos moi diversos arredor das Irmandades da Fala, o fenómeno que supón o principio da modernidade en Galicia no século XX.  

Un período, entre 1914 e 1931, que na historia do galeguismo configura un espazo sen volta no acontecer de Galicia, que comeza co inicio da Gran Guerra e se alonga até a proclamación da República do 31, ano de fundación do Partido Galeguista e da celebración da VII Asemblea das Irmandades da Fala, principio e cabo deste tempo. Tras un limiar de X. L. Méndez Ferrín e unhas palabras introdutorias do editor literario, os traballos organízanse en tres grandes bloques: Pensamento, Política e Poética. Unha tríade que, coincidindo coa celebración do centenario da creación das Irmandades da Fala, artella un libro de intención coral, interdisciplinar, transversal e aberta. "Nesta obra, en realidade, aquel que se presenta como coordinador é verdadeiramente un autor. Luís Cochón esixe e orienta os partícipes que ten ao seu redor e reparte traballo. E dálles a palabra aos mortos. Pilla aquí e acolá, do patrimonio de vivos e defuntos, porcións de pensamento que acheguen máis as Irmandades para que poidamos rescatalas do estado de momificación nocional en que se encontran no discurso histórico comunmente aceite e oficializado. Pódese falar de collage, de mosaico, mesmo de farrapeira, pero o resultado é un centón que vai apaixonar o lector disposto a participar da aventura menos coñecida do pasado do cal dependemos”. X. L. MÉNDEZ FERRÍN AUTORES: Luís Cochón (Coordinador/a) Luís Cochón (Autor/a de parte) X. L. Méndez Ferrín (Autor/a de parte) Carlos García Martínez (Autor/a de parte) Alvaro Cunqueiro (Autor/a de parte) José Antonio Durán (Autor/a de parte) Xosé Ramón Barreiro Fernández (Autor/a de parte) Luís Veiga do Campo (Autor/a de parte) Xurxo Martínez González (Autor/a de parte) Justo Beramendi (Autor/a de parte) Xosé González Martínez (Autor/a de parte) Xosé Ramón Pena (Autor/a de parte) Antón Costa Rico (Autor/a de parte) Francisco Díaz-Fierros Viqueira (Autor/a de parte) Xosé L. Axeitos (Autor/a de parte) Pepe Barro (Autor/a de parte) Isidoro Millán González-Pardo (Autor/a de parte) Arturo Casas (Autor/a de parte) Clodio González Pérez (Autor/a de parte) Luís Alonso Girgado (Autor/a de parte) Emilio Xosé Ínsua (Autor/a de parte) Manuel Forcadela (Autor/a de parte) Francisco Fernández Rei (Autor/a de parte) Antón Santamarina (Autor/a de parte) Miro Villar (Autor/a de parte) Armando Requeixo (Autor/a de parte) Darío Xohán Cabana (Autor/a de parte) Rafael Dieste (Autor/a de parte) Xosé Filgueira Valverde (Autor/a de parte)  

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego