Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

AO NORTE UNHA MONTAÑA, AO SUR UN LAGO, AO OESTE UNS CAMIÑOS, AO LESTE UN RÍO

€16,00
ISBN WP2121
Un xardín. O xardín máis fermoso do mundo. Un príncipe. O neto do lendario príncipe Genji. A súa procura, os seus segredos, unha fuxida e unha persecución; unha trama na que un mosteiro abandonado, o tren da liña Keihan, as antenas de televisión, a exuberante Natureza e o saber milenario... Tradución do húngaro de Sergio de la Ossa e Veronika Gergely

Un xardín. O xardín máis fermoso do mundo. Un príncipe. O neto do lendario príncipe Genji. A súa procura, os seus segredos, unha fuxida e unha persecución; unha trama na que un mosteiro abandonado, o tren da liña Keihan, as antenas de televisión, a exuberante Natureza e o saber milenario presente na marabillosa arquitectura deste mosteiro nun lugar ignoto do Xapón fúndense nun todo e conforman o ambiente inquietante desta obra na que a prosa de László Krasznahorkai flúe, vira e revira e visita os recantos da harmonía intemporal e a disharmonía humana, do símbolo e a realidade, da matemática e as forzas vivintes da Terra, da estética do Oriente e a formación dos cristais para iluminar dun xeito desacostumado e cunha intensidade desacostumada a existencia.

____