Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

ANATOL E DOUS MÁIS

€16,00
ISBN 9788411760058

Para os tres protagonistas, cada día era unha bebida burbullante e agridoce, un calvario cheo de chistes e de paxaros e, ás veces, dun pracer incomprensible.
Paula posúe todos os defectos propios dunha iluminada, co grao exacto de depravación e de desamparo. Gustavo é mullereiro, narigudo e estudoso: adora o sol, os mendigos e as tendeiras. Anatol é baixiño e chámase Pepe e, como todos os seus amigos en Santiago, quere ser escritor.
Este libro fala do sagrado e o terrible, fala das inocentes alegrías da vida que, como dicía Kierkegaard, non teñen máis ca un defecto: a súa mesma inocencia. Non é soamente un paseo polo efémero da xuventude, é a historia doutra “educación sentimental”, torpes, ás veces tenra. Hai que familiarizarse coa lama, porque só na lama crecen rosas.
E desta cidade húmida que se che mete nos ósos e remata sendo unha enfermidade chea de musgo.

_____


Editorial: Galaxia 04-2023

Idioma: Galego