Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

ANARQUISTAS GALEGOS EN AMÉRICA

€21,00
ISBN 9788491514176
Este de Bieito Alonso é un verdadeiro libro de Historia como descuberta do pasado.

Descóbrenos o descoñecido do pasado e achéganos pasados descoñecidos. Afeitos como estamos en Galicia a camiñar sempre polos mesmos estreitos carreiros marcados polos devanceiros, cunha máis que marcada tendencia filolóxica, a obra de Alonso tráenos a frescura dun coñecemento historiográfico anovador e sobre un tema que por máis visitado e revisitado non deixa de ser un pozo sen fondo. Alonso, Bieito Bieito Alonso naceu en Ourense en 1958. Profesor de Xeografía e Historia no Ensino Secundario, na actualidade exerce no Lycée International de Saint-Germain- -en-Laye (Francia). É autor dun número importante de obras, entre as que destacan: Breve historia do nacionalismo galego, O exilio de Castelao, Obreiros alén mar. Mariñeiros, fogoneiros e anarquistas galegos en New York, A Nosa Terra, xornalismo e nacionalismo político, así como unha manchea de traballos en obras de carácter colectivo e artigos en revistas especializadas. Este libro é o primeiro seu en Editorial Galaxia.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego