Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A LINGUA EN 2050

€19,90
ISBN 9788412249989

 

«Como imaxinas a situación da lingua en 2050?». Esta foi a pregunta feita a 25 persoas ligadas ao galego (xornalistas, profesorado, escritoras, políticos…). Aquí recollemos a súa visión de como estaremos, mais tamén os seus desexos de como lles prestaría estar.
Este volume colectivo, ideado e coordinado polo sociolingüista e profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramallo, conta coas reflexións e soños sobre a situación da lingua galega en 2050 de Fran Alonso, Xesús Alonso Montero, Celso Alvarez Cáccamo, Xosé Luís Axeitos, Darío Xohán Cabana, Conchi Cochón Rodríguez, Xosé-Henrique Costas González, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Valentín García Gómez, María Pilar García Negro, Xenaro García Suárez, Luís López Alonso, Rosa López Fernández, Anxo M. Lorenzo Suárez, Marcos Maceira Eiras, X. L. Méndez Ferrín, Henrique Monteagudo, Teresa Moure, Manuel Núñez Singala, Fernando Ramallo, Xosé Luís Regueira, Gabriel Rei-Doval, Francisco Rodríguez Sánchez, Rexina Rodríguez Vega e Iolanda Teixeiro Rei.

Unha lingua non morre se o pobo a fala. Sirvan estas reflexións para que as dúas preguntas do libro (a razón e o desexo) sexan unha e no 2050 o galego vexa por diante cen primaveras, veráns, outonos e invernos máis.

A reflexión sobre a situación actual da lingua galega convértese nun detonante impulsivo para indagar, desde a especulación, sobre o seu futuro. Por iso, neste volume proponse pór a proba a imaxinación respecto ao futuro do idioma propio de Galicia na metade do século xxi.

Para tal fin, o sociolingüista e profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramallo interpelou un grupo de persoas, todas elas suxeitos con experiencia, traballo e ideoloxías arredor da lingua galega, en diferentes sectores, desde perspectivas diferentes e, ás veces, contraditorias, para que avanzasen a súa visión sobre a situación social do idioma no 2050.

Polas condicións económicas, políticas, sociais e tecnolóxicas nas que nos atopamos na actualidade, os case trinta anos que temos por diante están chamados a ser un momento crucial para o noso idioma, ben para o seu fortalecemento, ben para a súa ritualización.

Con esta compilación, queremos contribuír ao debate sobre o futuro (desde o presente) do idioma galego e trazar as liñas do horizontal social e lingüístico que nos leven a facer dos desexos unha realidade.

____

Editorial: Catro Ventos
Idioma: Galego