Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

ABECEDARIO DE BERNARDINO GRAÑA

€15,00
ISBN 9788415166818
Esta obra ofrece claves para comprender dun xeito ameno e pedagóxico o escritor.

Abecedario de Bernardino Graña é, basicamente, un vocabulario literario do autor. Esta obra ofrece claves para comprender dun xeito ameno e pedagóxico o escritor. A lectura deste manual non se rexe conforme a pautas cronolóxicas ou temáticas, senón por algunhas acepcións ordenadas alfabeticamente que o lector ou lectora ha de procurar a eito e aleatoriamente entre aqueles conceptos que considere oportuno, seguindo a curiosidade ou o azar ao ritmo marcado polas propias palabras recompiladas. Os trazos máis salientábeis deste persoeiro aparecen reflectidos nas máis de cincuenta voces recollidas neste volume. Rafael Fernández Lorenzo naceu en Cangas de Morrazo en 1962. Colaborador habitual con artigos de creación e crítica literaria en medios como o Faro da Cultura (Faro de Vigo)A Nosa TerraVieiros ou Fadamorgana. Estudou Educación Social. Libros publicados: Abecedario de Ricardo Carvalho Calero, Son media ducia e parecen cen (Ir Indo, 1991), O ladrón de voces (Kalandraka, 1998), As flores do meu amigo (Xerais, 2000), As carriolas do mencer (Ir Indo, 2013).

____

Editorial: Morgante
Idioma: Gallego