Unha visión panorámica e actual
Son un total de 13 textos, realizados por profesionais en activo, bos e boas coñecedoras dos seus respectivos ámbitos de traballo, nos que son referentes.
Buscan abrir un espazo no que divulgar e compartir coñecementos sobre a xestión cultural en Galicia e no que debater sobre os retos e as potencialidades da cultura galega. Ademais dos textos de Alberto García e Marián Fernández, entre os autores e autoras están o economista e consultor cultural Marcos Lorenzo, que fala sobre as políticas culturais en Galicia; o tamén politólogo e emprendedor cultural Uxío Novo, que describe as diferentes canles de acceso a financiamento para proxectos culturais; o xornalista Manuel Gago, director do portal culturagalega.gal, quen apunta á necesidade de dotármonos de relatos atractivos para activar o triángulo patrimonio - turismo - desenvolvemento. Ou Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, que defende a reformulación dos museos desde a diversidade, a igualdade e maiores cotas de participación social; e a xornalista e experta en comunicación cultural Sonia Díaz, que aborda a necesidade dunha reflexión sobre os públicos dos proxectos culturais desde a súa propia experiencia profesional. A Xestión Cultural en Galicia tamén ofrece unha análise dos diferentes sectores. Coma as artes escénicas en Galicia, con Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro; ou do mundo editorial trala crise, con Henrique Alvarellos, xornalista e vicepresidente da Asociación Galega de Editoras. Non faltan tampouco nesta análise as artes plásticas, coa xestora cultural e comisaria de arte Paula Cabaleiro; e o audiovisual, da man da xornalista cultural e produtora de contidos Andrea Villa. Sen esquecer a cultura dixital, coa súa realidade presente e os seus retos, descritos pola xornalista especializada en contidos dixitais María Yáñez. Completa a lista de achegas o xestor e consultor cultural Sergio Lago, que traza unha panorámica sobre o contexto laboral e profesional da xestión cultural en Galicia.
Idioma: Gallego

____
Editorial: AndaviraIdioma: Gallego