Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

A XENTE DE HEMSÖ

€15,00
ISBN 9788412128000

A xente da Hemsö (1887) é unha das novelas realistas máis estimadas pola crítica e o lectorado suecos. August Strindberg escribiuna durante a súa primeira estadía longa alén do Báltico, en Suíza e Alemaña, tanto para aplacar a morriña que o consumía como para recrear cun testemuño honesto as súas vivencias de infancia e homenaxear a forma de vida dos insulares rurais do arquipélago de Estocolmo, o meirande de Suecia. De feito, a vivacidade dalgunhas pasaxes bebe dun caderno de notas que o autor fora enchendo nas súas múltiples visitas a Kymmendö, o escenario que inspirou Hemsö.

A historia arrinca coa chegada de Carlsson, oriúndo da provincia de Värmland, á illa de Hemsö, onde deberá revitalizar a descoidada propiedade da viúva Flod, cuxo fillo, Gusten, non amosa o máis mínimo interese polas tarefas agrarias e gandeiras, pois só vive para a caza, a pesca e a navegación. Sen caer na condescendencia, Strindberg pinta un conmovedor fresco poboado por personaxes pragmáticos e sinxelos, con eivas e virtudes, que alternan as frustracións cos pequenos triunfos cotiáns.

Esta obra permitiulle ao autor relanzar a súa carreira (a crítica deostara os seus últimos traballos e, no persoal, vivía unha etapa convulsa) e afianzarse como gran literato. Tras a súa morte, a obra foi levada con éxito ao teatro, ao cinema e á televisión.

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego