Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

A VIRTUDE DE CHECCHINA

€11,50
ISBN 9788494971358

A virtude de Checchina (1884) é unha obra representativa da escrita de Matilde Serao, moi dada a retratar a vida de mulleres de gran sensibilidade que rematan por aceptar un destino marcado pola infelicidade e a resignación, así como o permanente conflito entre as leis ditadas pola sociedade e as que rexen os seus sentimentos. A finalidade deste relato queda de manifesto nunha carta que a autora lle escribe ao político Sidney Sonnino: «… quería demostrar o infeliz e monótona que é a vida burguesa, carente da brillantez dos sentimentos, ligada a cousas banais, deslucida polo aburrimento e na que mesmo o pecado carece de poesía e a culpa resulta fea e mesquiña».

Checchina vive sometida ao seu home e entremedias de dous prototipos femininos antagónicos que actúan, respectivamente, como as voces do vicio e da virtude da súa conciencia: Isolina, a muller adúltera, desexosa de amor e aventura e que non ten interese en corrixir a súa conduta, e a beata e arisca criada Susanna. O permanente silencio que arrodea a existencia de Checchina estala ao que se deixa levar pola fantasía, cegada pola posibilidade de vivir unha aventura. Será daquela cando saian á luz os seus pensamentos e arelas máis íntimos.

A partir dunha anécdota na aparencia trivial, o relato renuncia a calquera exuberancia de estilo en favor da marcada ironía e da importancia dos detalles para pintar un mundo.

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego