Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

A VIÑETA DE SCHRÖDINGER 2

€5,00
ISBN WP56827
A viñeta de Schrödinger é unha revista trimestral de banda deseñada galega. Nace para dar voz e visibilidade ás bandas deseñadas breves de autores/as galegos/as. Mais tamén para que os/as lectores/as adolescentes e adultos poidan ler e descubir a BD de calidade que se fai en Galiza.  

O nome de Schrödinger puxéronllo porque “A BD galega, a lingua e a cultura galega é como o gato de Schrödinger, está aí, estamos seguros de que está, que ten que estar, mais algúns cren que está morta, mentres nós cremos que está máis viva ca nunca. Pasa o mesmo coas revistas, que semellan esquecidas nun momento onde proliferan as novelas gráficas” Dirixida por Kiko da Silva contén historietas autoconclusivas de Miguelanxo Prado, Kohell, Miguel Porto, Aldara Joan Casaramona, Fonso Barreiro, Zaida Novoa,  Miriam Iglesias, Pablo Prado, Fran Bueno, Miguel Rojo, Víctor Rivas, Antonio M. Fraga, Fernando Llor, Kiko da Silva e portada de Miguel Robledo. Ademais de entrevistas a autores/as nacionais e internacionais feitas por Roberto M. Sotomulo.

____

Editorial: as.pg
Idioma: Gallego