Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A ULFE. SOCIOLOXÍA DUNHA COMUNIDADE RURAL GALEGA

€15,00
ISBN 9788478244430

Unha das señas de identidade de Galicia son os labregos. Pero desde hai ducias de anos o mundo rural sofre estoicamente a marusía da «modernización». A Ulfe. Socioloxía dunha comunidade rural galega é un libro de homenaxe a tódalas xentes que fixeron posible a rica civilización rural galega. Veciños dunha «aldea perdida», mulleres e homes de distintas xeracións, fálannos aquí dos seus recordos e das súas vidas. A través destas voces e relatos non só se despregan as tramas que tecen a sociedade coma unha tea en continuo cambio, senón que se recupera tamén a memoria dunha historia social vertebrada pola moral do traballo e pola solidariedade, unha historia que, coas súas luces e sombras, pode servir hoxe de orientación para facer posible outro mundo máis humano.

Xesús González Gómez.

Os dous amigos pasean por Barcelona mentres van comentando libros narrativos galegos que leron este verán.

Amigo 2: Quedan moitas?

Amigo 1:Tres ou catro, aínda que un dos libros de que che quero falar non é unha novela nin tampouco unha lectura deste verán, senón unha relectura.

2: De que libro se trata?

1: Dun que coñeces ben: A Ulfe. Socioloxía dunha comunidade rural, de Julia Varela Fernández, que foi galardoado, como sabes, co Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e publicada por Sotelo Blanco no 2004. Non lle vou descubrir a ninguén o nome de Julia Varela, aínda que lembro o meu “estupor” cando chegou o libro a Barcelona e vin quen era a autora e que era galega, xa que lera cousas delas en solitario ou co seu compañeiro, Fernando Álvarez-Uria, que é de Ourense. Agradoume moito ver este libro na nosa lingua e empecei a lelo e acabei por devoralo

2: Coma min, que lin pola túa indicación, xa que A Ulfe pertence á miña vila natal.

1: A Ulfe é un libro importante. Importante polas voces dos “protagonistas” e pola introdución e as reflexións finais da autora. Podería lerche algún dos parágrafos que subliñei e que teño aquí apuntado [sinálalle o seu bloc], mais non paga a pena.

Biosbardia 26 xaneiro 2016

 

____

Editorial: Sotelo Blanco 07- 2004

Idioma: Galego