Durante unha das súas excursións ós bosques do Canadá co seu pai, Sam Beaver coñece unha familia de cisnes trompeteiros. Axiña fai amizade co máis pequecho deles, Louis, un pito cunha característica moi particular: non é quen de cuar! E como non pode cuarlle o seu amor, a fermosa Serena non lle fai nin chisca de caso.
Louis inténtao todo para conseguir namorala, mesmo vai á escola para aprender a ler e a escribir, pero nada parece funcionar ata que o seu pai lle consegue unha trompeta de verdade. Será o seu novo instrumento a clave para que triunfe o amor?
E. B. White naceu en Mount Vernon (Nova York) en 1899. Autor de máis dunha ducia de títulos de narrativa, ensaio e poesía, formou parte da Academia Americana das Artes e das Letras. Foi condecorado coa Medalla Laura Ingalls Wilder en 1970 polos seus títulos A arañeira de Charlotte e Stuart Little.
Ó longo da súa vida, moitos mozos preguntáronlle se as súas historias eran reais. Nunha carta, respondeu: «Son historias imaxinarias. Pero a vida real é só un tipo de vida; tamén está a vida da imaxinación».
Editorial: Sushi book 01-2026
Idioma: Galego
Páxina: 174
INFANTIL E XUVENIL
GRANDES ESCRITORAS
FAMILIA
HUMOR
CLÁSICOS