Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

A TRANSICIÓN EN GALIZA

€24,95
ISBN 9788484876373

A Cátedra de Memoria Histórica da Universidade de Coruña foi creada, oficialmente, no outono de 2018 comezando a vertebrarse desde inicios de 2019. Baixo a dirección do profesor doutor Uxío-Breogán Diéguez, a Cátedra de Memoria Histórica ten dado lugar á publicación de tres libros, incluído o presente, á realización de varios seminarios e xornadas, á inauguración de dúas exposicións (Galiza Mártir. Da queda republicana ao exilio, no ano 2020; e A Galiza dá Transición, no ano 2021) e á organización dun congreso sobre a Transición en Galiza realizado no ano 2022, impulsando xunto ao Concello da Coruña o Punto de Atención ás Vítimas do Franquismo e aos seus Familiares (PAVF), inaugurado en xuño de 2021.

A presente obra é unha clara mostra do traballo que realiza a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade de Coruña, co decidido apoio do Concello da Coruña, en favor da posta en valor da memoria histórica democrática. Un volume no que se presentan, en síntese, catorce investigacións centrais para comprender a Galiza da Transición.

Editorial: Laionento  07-2023
Idioma: Galego